Ambas iniciativas son froito do proxecto BioINcubaTech, liderado pola USC a través da AVTE

O Salón Nobre do Colexio de Fonseca acollerá o vindeiro xoves 25 de novembro, ás 11.15 horas, o acto de entrega de premios da 8º edición dos programas BIOARGOS21 e Join TFG/ TFM, iniciativas do proxecto BioIncubaTech que lidera a USC a través da área de Valorización, Transferencia e Emprendemento ( AVTE).
O vicerreitor de Estudantes e Proxección Internacional da USC, Víctor Arce, presidirá este evento que contará tamén coa presenza do director da área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC, D. José Luis Villaverde Acuña, e do Project Manager de Bioga, D. Julio Martínez, ademais de representantes da Xunta de Galicia (Igape e Gain), a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo.
Nel farase entrega ás persoas gañadoras dos premios correspondentes aos proxectos biotecnolóxicos de ambos os programas en cada categoría, de sectores Saúde e Agroalimentario.
BioArgos21: «Creando equipos emprendedores no ámbito bio»
BioArgos21 presentouse como formato concurso, e nel os equipos traballaron sobre proxectos de investigación da USC do ámbito bio, saúde e tecnoloxías agroalimentarias. Os equipos competían por ser o mellor proxecto, no que se valoraba a capacidade de escalabilidade e viabilidade do proxecto empresarial, e onde proxectos gañadores terán un premio de 3.000 € para cada unha das convocatorias integradas no programa. Ao longo destes meses, os equipos participaron en diferentes actividades baseadas nas distintas fases ás que un emprendedor debe enfrontarse para crear a súa empresa, desde a idea á creación ata a súa internacionalización, centrándose no adestramento de estudantes e investigadores no proceso de elaboración do plan de negocio e promover a creación de empresas. Na convocatoria de BioArgos21, os proxectos das dúas convocatorias, Bio-Saúde e Tecnoloxías Agroalimentarias, foron presentados e defendidos nun evento presencial o pasado 27 de outubro en Santiago de Compostela, #ante un Tribunal de Avaliación
Join TFG/ TFM: «Presenta o teu traballo e demostra o que vales»
Join TFG/ TFM abriu a súa convocatoria en maio, convidando a estudantes a presentar os seus traballos de fin de grao e máster. O obxectivo é premiar os mellores proxectos e contribuír á modernización do tecido produtivo de Galicia. Os proxectos finalistas presentaron e defenderon os seus proxectos ante Comité de Avaliación de forma en liña o pasado 29 de outubro. Os criterios para participar no programa eran que o traballo se enfocase na aplicación da biotecnoloxía nos sectores agroalimentario ou sanitario, tendo que realizar a defensa do proxecto nos 3 últimos anos académicos en calquera institución universitaria do territorio galego, incluíndo tanto universidades públicas como privadas, e obter unha cualificación superior a 5. No programa establécense 3.600€ repartidos en cada categoría e por postos: un 1º premio de 1.000€, 2º de 500€, e un 3º premio de 300€.