Skip to main content

Acto de graduación da promoción 2016-2020 de Nutrición Humana e Dietética

26/11/2021 - 18.00 horas

Salón de actos José Rodríguez Mourelo

Os profesores da USC Ángeles Romero e Miguel Blanco actuarán como madriña e padriño da sétima promoción de titulados, no marco dunha sesión que comezará ás 18.00 horas

Facultade de Ciencias da USC
Facultade de Ciencias da USC

A Facultade de Ciencias do Campus de Lugo da USC acolle este venres, ás 18.00 horas, no salón de actos José Rodríguez Mourelo, o acto de graduación da promoción de titulados en Nutrición Humana e Dietética que completaron a súa formación entre 2016 e 2020 e que non tiveron ocasión de celebrar esta sesión académica por mor da pandemia derivada da COVID-19.

Os profesores da USC Ángeles Romero e Miguel Blanco actuarán como madriña e padriño da sétima promoción de graduados en Nutrición Humana e Dietética egresados da USC, no marco dunha sesión académica presidida pola vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, e na que tamén intervirá o decano da Facultade de Ciencias, Francisco Fraga.

A deputada provincial delegada da área de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Ana González Abelleira; a concelleira de Benestar e Inclusión do Concello de Lugo, Olga López Racamonde, e a presidenta do Colexio Oficial de Dietistas-Nutricionistas de Galicia, María González Rodríguez, tamén participarán como relatoras neste acto, durante o que Martín Patiño Vázquez e Laura Campello López, farán uso da palabra en representación do alumnado da promoción 2016-2020.

The contents of this page were updated on 11.25.2021.