12.01.2021
Dirixido a galegas e galegos e residentes en Galicia que non superen os 31 anos de idade

A Área de Cultura da USC e a Asociación Compostela Sound convocan as probas de selección para o quinto Ciclo de Concertos 'Novos Talentos Musicais'. Nelas poden participar solistas, vocalistas e grupos de música de cámara integrados por persoas nadas ou residentes en Galicia que non superen os 31 anos de idade.
O prazo de inscrición ábrese o 1 de decembro e péchase o 5 de xaneiro.