11.29.2021 | 19.00h
Organizado polo Centro de Estudos sobre o Sáhara Occidental

O Centro de Estudos sobre o Sahara Occidental da Universidade de Santiago de Compostela (CESO-USC) organiza hoxe unha conferencia de Alonso Villar, graduado en Historia da Universidade de Castilla La Mancha.
Alonso Villar disertará sobre un singular caso de arte relixiosa contemporánea relacionado coa guerra do Ifni-Sahara de 1957-1958.
A conferencia desenvolverase no Salón de Graos da Facultade de Dereito ás 19 horas.