Skip to main content

Aberto ata o 10 de decembro o prazo para participar no certame de postais de Nadal da Fundación USC

O debuxo gañador tamén formará parte da felicitación de Nadal que enviará este ano a Fundación USC
O debuxo gañador tamén formará parte da felicitación de Nadal que enviará este ano a Fundación USC
O traballo gañador recibirá un vale de 100 euros para trocar por material deportivo e unha praza no Verán CampUSC 2022
Lugo, Santiago de Compostela

A Fundación USC convoca, por noveno ano consecutivo, un certame de postais de Nadal. O concurso está dirixido a nenos e nenas nacidos/as entre os anos 2009 e 2018 (ambos os dous incluídos) e a temática da postal debe unir o Nadal e o deporte.

O premio do concurso consistirá nun vale de 100 euros para trocar por material deportivo e nunha praza no Verán CampUSC 2022, campamento urbano, deportivo e de lecer que se leva celebrando dende hai trece veráns nas instalacións deportivas do Campus Vida da USC. O debuxo gañador tamén formará parte da felicitación de Nadal que enviará este ano a Fundación USC. O prazo para entregar os traballos rematará o 10 de decembro e o veredicto do xurado farase público o día 17 do mesmo mes. 

The contents of this page were updated on 11.30.2021.