Skip to main content

XIV Encontros Técnicos dos OCEX 2021

12.02.2021-12.03.2021 | 08.45h

Pazo de Fonseca

Organizada polo Consello de Contas de Galicia, o lema desta edición é ' Auditoría da resposta ao COVID-19 e da implementación da Iniciativa Next Generation European Union (NGEU)'

XIV Encontros Técnicos dos OCEX 2021
XIV Encontros Técnicos dos OCEX 2021

Do día 2 ao 3 de decembro de 2021 terán lugar en Santiago de Compostela, de forma presencial, os XIV Encontros Técnicos e o IX Foro Tecnolóxico dos OCEX 2021 co lema 'Auditoría da resposta ao COVID-19 e da implementación da Iniciativa Next Generation European Union (NGEU)'

O  encontros técnicos aspiran a contribuír a arroxar luz aos retos dos órganos de control externo nun ámbito radicalmente distinto ao dun ano antes, nun contexto no que as Administracións Públicas se viron obrigadas a traballar con esquemas de riscos admitidos e tolerados que eran inéditos ata a actualidade, onde a emerxencia se converteu en mecanismo ordinario de resposta e onde os marcos referenciais habituais de xestión cederon paso a marcos de excepción e de transformación acelerada.

O Colexio de Fonseca e o Auditorio e a Fundación Abanca serán os espazos que servirán de sede para as distintas sesións destes encontros que inclúen conferencias, reunións de traballo e a entrega do XXII Premio de Auditoría Pública. 

A conferencia inaugural, programada o día 2 de decembro ás 9 horas, correrá ao cargo do Patrocinario Maior de Contas de Asturias,  Roberto Fernández-Llera e do reitor da USC, Antonio López Díaz. 

Pódese consultar o programa completo dos encontros nas ligazóns deste evento. 

 

The contents of this page were updated on 12.02.2021.