12.21.2021 | 20.30h
Obras de J.S. Bach, S. Sciarrino e J. Haydn

O Paraninfo da USC acolle o martes, 21 de decembro, ás 20.30 horas un concerto do cuarteto de saxofóns Deleria Ensemble, que conforman Adrián Pais, Pablo Vigo, Moisés Barreiro e Roi Barros.
Programa
Concerto Italiano BWV 971, J.S.Bach
Canzoniere da Scarlatti, Salvatore Sciarrino
Cuarteto de corda en fa menor Op.2, No.5, Joseph Haydn
Inscricións
De balde, desde o martes 14 de decembro ata o día do concerto ás 12.00 h, a través da ligazón inferior. Confirmarase dispoñibilidade por correo electrónico.