12.16.2021 | 19.00h
Con Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero

Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero únense no concerto 24 instrumentos musicais, un recital de música tradicional para coñecermos os instrumentos populares galegos ao que poderás asistir de balde o día 16 de decembro ás 19 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.
O prazo de inscrición está aberto dende o xoves 9 de decembro ata o propio día do concerto ás 12 horas a através da ligazón que toparás no bloque inferior. Confirmarase a dispoñibilidade de praza por correo electrónico.
Ao rematar a conversa-concerto, haberá unha Folk-liada no Claustro de Fonseca organizada polo Espazo de Danza da USC.