Skip to main content

Exposición

Construíndo a Historia da Educación en Galicia

12.15.2021 | 10.15h

Elaborada polo alumnado da materia Teoría e Historia da Educación Escolar da USC

Cartel da mostra
Cartel da mostra

A Facultade de Ciencias da Educación acollerá do 13  de decembro ao 07 de febreiro a mostra Construíndo a Historia da Educación en Galicia, unha exposición organizada polo profesorado e o estudantado do Grao co obxectivo de poñer en valor a traxectoria de educadores e educadoras que ao longo da historia de Galicia contribuíron a sentar os alicerces para unha cidadanía máis crítica e participativa.

Alumnas e alumnos, coa colaboración de diferentes profesionais do eido social e educativo, indagan sobre diferentes mestras e mestres, pedagogas e pedagogos, e educadoras e educadores por medio de revisións bibliográficas, entrevistas, documentación audiovisual ou análise de arquivos, entre outros.

Este é a cuarta edición deste proxecto de ApS que coordinan  Alexandre Sotelino e Patricia Alonso na materia de Teoría e Historia da Educación Escolar.

A inauguración da mostra terá lugar o día 15 de decembro ás 10.15 horas no vestíbulo da facultade.

The contents of this page were updated on 12.10.2021.