O acto incluirá a entrega da insignia de ouro da Facultade ao PDI xubilado no pasado curso.

O venres 17 de decembro, o reitor Antonio López presidirá o acto conmemorativo da festividade da Inmaculada, patroa da Facultade de Farmacia, nunha sesión na que o profesor Ángel Concheiro Nine pronunciará a conferencia 'Desenvolvemento farmacéutico e medicina de precisión: Medicamentos personalizados'.
No acto procederase á entrega da Insignia de ouro da facultade ao PDI xubilado no curso 2019-2020, así como á entrega de Diplomas ás doutoras e aos doutores dos cursos 2019-2020 e 2020-2021. Ademais, no evento entregaranse tamén os Premios do “VIII Concurso de Ideas para a Portada de Traballos de Fin de Grao da Facultade de Farmacia da USC”, patrocinados por Bancofar.
A sesión contará ademais coas intervencións da profesora Matilde Casas Parada, secretaria da facultade e do decano Francisco J. Otero Espinar; da subdirectora xeral de Farmacia, Silvia María Reboredo García; o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; e do delegado do Goberno, José Manuel Miñones.