Skip to main content

O horario extraordinario das bibliotecas manterase ata o 30 de xaneiro

Imaxe de arquivo dunha biblioteca da USC. FOTO: Santi Alvite
Imaxe de arquivo dunha biblioteca da USC. FOTO: Santi Alvite
Concepción Arenal, Intercentros de Lugo, así como as salas de lectura das Facultades de Ciencias Económicas e Empresarias e de Dereito abrirán as súas portas nun horario ampliado
Lugo, Santiago de Compostela

As bibliotecas da USC manterán o seu horario de apertura extraordinario ata o vindeiro domingo 30 de xaneiro. Así, a Biblioteca Concepción Arenal abrirá de 8.30 a 1.00, de luns a domingo. Este centro conta con 968 prazas. No Campus de Lugo, a Biblioteca Intercentros abrirá as súas portas de 8.30 a 0.00, tamén de luns a domingo. Este centro conta con 938 postos de lectura.

En Compostela habilítanse ademais como reforzo as salas correspondentes ás Facultades de Ciencias Económicas e Empresarias, e Dereito. A primeira dotada con 358 prazas e con posibilidade de ampliación, abrirá de 8.30 a 22.00 horas, de luns a domingo. Pola súa parte, a sala de lectura pertencente a Dereito permanecerá operativa as 24 horas durante toda a semana. Este centro conta con 300 prazas con posibilidade de ampliación.

The contents of this page were updated on 01.10.2022.