Skip to main content

Acto académico de San Tomé de Aquino

O reitor da USC, Antonio López, preside a celebración do acto acadécimo conmemorativo da festividade de San Tomé de Aquino, no marco dunha sesión na que a profesora Paloma Fisac ofrecerá unha lección maxistral

Desfile académico de San Tomé. Foto: Santi Alvite
Desfile académico de San Tomé. Foto: Santi Alvite

O reitor da USC, Antonio López, presidirá o venres 28 de xaneiro, a partir das 12.00 horas, na Aula Magna da Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo, o acto académico conmemorativo da festividade de San Tomé de Aquino.

O reitor abrirá esta sesión académica logo dunha breve intervención musical, trala que profesora Paloma Fisac de ofrecerá unha lección maxistral baixo o título ‘O dereito á información e a liberdade de expresión nun Estado de Dereito’. Ao seu remate, o discurso do reitor da USC servirá de peche dun acto académico que a USC celebra tradicionalmente na súa sede universitaria luguesa.

A celebración do acto académico de San Tomé de Aquino tamén se poderá seguir de xeito telemático na canle de YouTube da USC, a través desta ligazón.

 

The contents of this page were updated on 01.20.2022.