Skip to main content

I Encontro do Consorcio Erasmus + KA2 YUCUNET

01.24.2022-01.26.2022 | 09.30h

A Universidade de Santiago toma parte neste proxecto que ten como obxectivo xeral ofrecer as ferramentas para a creación dunha rede educativa, de investigación e traballo en Arte Contemporánea na rexión Yucatán-Cuba.

Encontro da Rede Yucunet
Encontro da Rede Yucunet

A Rede Yucatán-Cuba para o desenvolvemento de programas de Maestría en Arte Contemporáneo e Xestión Cultural (YUCUNET) organiza o seu primeiro encontro xeral os días 24 e 25 de xaneiro en Santiago de Compostela.

As xornadas comezarán o luns 24 ás 9.30 horas no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia, coa benvida do reitor da USC,  Antonio López; a vicerreitora de Cultura, Igualdade e Servicios, Mar Lorenzo Moledo; a vicerreitora de Titulacións, María José López Couso; e o director do Departamento de Historia da Arte e co-coordinador xeral de YUCUNET,  Federico López Silvestre.

Ao longo das xornadas reuniranse e presentarán os seus traballos as persoas integrantes desta rede  que conta coa participación da Universidade Católica Portuguesa, Universidade do Porto, Universidade Nova de Lisboa, Universidad Autónoma de Yucatán (UADY), Universidad Nacional Autónoma de México (UNAM), a Universidad de las Artes de Cuba (ISA), Universidad de La Habana, a Universidade de Santiago de Compostela e o FabCity de Yucatán; ademais do Museo de Arte Contemporáneo de Serralves, o Museo Nacional de Bellas Artes de Cuba e o Museo de Arte Contemporáneo Ateneo de Yucatán (MACAY).

O martes 25 ás 9.30 h a Facultade de Xeografía e Historia acollerá unha mesa redonda na que intervirán os directores dos tres museos participantes no proxecto: Rafael Alonso Pérez y Pérez, director do MACAY; Jorge Antonio Fernández Torres, director do Museo Nacional de Bellas Artes de Cuba; e Philippe Vergne, director do Museu Serralves , para a presentación dos seus equipos, avances e retos no marco de YUCUNET.

O encontro proseguirá en Compostela ao longo do día 26 e continurá en Porto ata o día 28. 

The contents of this page were updated on 01.24.2022.