Skip to main content

Campus de Inverno

O proceso de acreditación de ANECA na carreira académica

01.27.2022 | 10.00h-14.00h

Organizado pola Escola de Doutoramento Internacional da USC

Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo
Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo

A Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo acollerá o xoves, 27 de xaneiro, de 10 a 14 horas, un curso de formación sobre os procesos de acreditación de Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) na carreira académica. 

A actividade contará coa participación de Mercedes Siles Molina, directora da ANECA; Toni Martínez, presidente do Comité de Ensinanzas Técnicas en PEP e catedrático do Departamento de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións da Universidade Politécnica de Cartaxena; e Ana Hidalgo Tena, xefa da Unidade de Sexenios de Investigación da ANECA. 

Na sesión, o alumnado coñecerá que é, que fai e que ofrece a ANECA; achegaráse aos programas de avaliación do profesorado: PEP, ACADEMIA e SEXENIOS; descubrirá os requisitos precisos para a acreditación nas categorías de profesor/a contratado/a doutor/a, profesor/a axudante doutor/a e profesor/a de universidade privada; e tomará conta do papel do estudantado nos comités de avaliación da axencia e das medidas de acción positiva para favorecer a equidade. 

O curso, con matrícula gratuíta, poderá ser tamén seguido en liña a través de TEAMS.

The contents of this page were updated on 01.25.2022.