Skip to main content

Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia

Mulleres STEM do S. XXI

02.11.2022 | 09.30h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Xornada (In)Formativa e Divulgativa

Xornada 'Mulleres STEM do S. XXI'
Xornada 'Mulleres STEM do S. XXI'

No marco do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o proxecto de investigación  ‘Aprendizaxe ao longo da vida nunha sociedade dixital: formación e recualificación para as novas profesións do mercado de traballo global’ promove as xornadas Mulleres STEM do S. XXI, unha iniciativa de formación e divulgación que procura dar a coñecer o relevante papel das mulleres no mundo profesional, empresarial e académico vinculado coas disciplinas STEM e outorgar visibilidade ao talento das mulleres nas disciplinas e contextos profesionais STEM en Galicia. 

Desenvolveranse o 11 de febreiro das 9.30 ás 19.30 horas no salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación do Campus Vida.

As xornadas están dirixidas ao estudantado da USC e ao público xeral e para participar so é preciso cumprimentar o formulario de inscrición

The contents of this page were updated on 02.08.2022.