Organizada por CITMAga e as Universidades de Santiago, A Coruña e Vigo

O Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) organiza o luns 14 de febreiro unha xornada de presentación en modalidade presencial e virtual.
O acto arrancará 9.30 horas na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. A primeira parte da xornada está dirixida ao persoal investigador vinculado, persoal investigador en formación, persoal propio e persoal investigador colaborador do CITMAga, e nela Rosa María Crujeiras Casais, directora científca en funcións do centro presentará a súa folla de ruta para o futuro. A seguir, a investigadora Kathryn Hess impartirá a conferencia 'Topology, group theory, and neurons'.
A seguda parte do evento, a partir das 12.30 h, desenvolverase na Sala de Xuntas da Facultade de Matemáticas, e consistirá en reuións entre o Comité Asesor Científico Externo (CACE) e o Comité Asesor Industrial (CAI). Xa pola tarde, ás 16.00 h, haberá unha reunión aberta do CACE coa dirección e co persoal investigador.
Sexa cal sexa a modalidade de participación (presencial ou virtual), cómpre confirmar asistencia a través do formulario de inscrición.