02.10.2022 | 09.00h
Conectando Empresas e Universidades

A APD e UNIRISCO promoven o I Foro do Emprendemento do Noroeste, unha xornada que procura ser encontro para a dinamización da relación entre as Universidades de Galicia, Asturias e Castela e León coas empresas dos respectivos territorios para amosar a forza que poden ter xuntas como axentes de innovación.
A xornada conta coa colaboración do Banco Sabadell, a Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela e celebrarase o xoves 10 de febreiro, das 09.00 ás 18.40 horas na Facultade de Medicina da USC.
A asistencia, presencial ou virtual, é de balde e require de inscrición na web do evento.