Skip to main content

Bota a andar o I Foro do Emprendemento do Noroeste

Os reitores da USC, Antonio López; da UVigo, Manuel Reigosa; da UDC, Julio Abalde; da Universidade de Oviedo, Ignacio Villaverde; e da Universidade de León, Juan Francisco García, integraron un debate no que se abordou o presente e futuro da relación Universidade-empresa. FOTO: Santi Alvite
Os reitores da USC, Antonio López; da UVigo, Manuel Reigosa; da UDC, Julio Abalde; da Universidade de Oviedo, Ignacio Villaverde; e da Universidade de León, Juan Francisco García, integraron un debate no que se abordou o presente e futuro da relación Universidade-empresa. FOTO: Santi Alvite
Os reitores das Universidades de Santiago, Coruña, Vigo, Oviedo e Castela e León abordaron os vínculos das institucións académicas co tecido empresarial
Santiago de Compostela

A primeira edición do Foro do Emprendemento do Noroeste botou a andar este xoves 10 de febreiro coa vontade de conformar un encontro que  dinamice a relación entre as universidades de Galicia, Asturias e Castela e León coas empresas dos respectivos territorios; amosando a forza que poden ter xuntas como axentes de innovación. Neste senso, os reitores da USC, Antonio López; da UVigo, Manuel Reigosa; da UDC, Julio Abalde; da Universidade de Oviedo, Ignacio Villaverde; e da Universidade de León, Juan Francisco García, integraron un debate no que se abordou o presente e futuro da relación Universidade-empresa.

Ao longo desta xornada que se desenvolve na Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC, debátese a necesidade de establecer vínculos duradeiros e efectivos entre as empresas e as universidades, a través de casos de éxitos das institucións académicas que toman parte no encontro. Así, o foro acomete a abordaxe da análise do presente e futuro da relación Universidade-empresa; conversacións entre spin-off e empresas incubadoras sobre como xerar e achegar vantaxes competitivas; organismos de capital risco e ferramentas de apoio para lograr un investimento de impacto; así como a análise da spin- off do Noroeste.

Conscientes do potencial innovador e emprendedor deste tipo de colaboracións, este foro é froito do impulso da Asociación para o Progreso da Dirección (APD) e UNIRISCO, primeira empresa de capital risco vinculada os proxectos procedentes das Universidades. Tamén tomaron parte na sesión, o vicepresidente segundo da Xunta, Francisco Conde; Ana Sánchez, directora da zona noroeste de APD; Inmaculada Rodríguez, directora de UNIRISCO; Patricia Argerey, directora de GAIN; e Pablo Junceda, director Xeral adxunto do Banco Sabadell.  

Público asistente ao acto. FOTO: Santi Alvite
Público asistente ao acto. FOTO: Santi Alvite
The contents of this page were updated on 02.10.2022.