Skip to main content

Sesión informativa sobre a Aula de teatro USC-Lugo

16/02/2022 - 19.30 horas

Aula de Teatro e Danza de Veterinaria

O director da compañía universitaria luguesa Aarón Navia conducirá na Aula de Teatro e Danza da Facultade de Veterinaria, unha sesión aberta á participación de todos os membros da comunidade universitaria interesados na interpretación

Unha montaxe da compañía de teatro USC-Lugo
Unha montaxe da compañía de teatro USC-Lugo

O director da compañía de teatro universitaria USC-Lugo, Aarón Navia, impartirá o vindeiro mércores 16 de febreiro, a partir das 19.30 horas, nas instalacións da Aula de Teatro e Danza da Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo da USC, unha sesión aberta á participación de todos os membros da comunidade universitaria interesadas na interpretación e que queiran integrarse na compañía de teatro USC-Lugo.

Navia aproveitará este sesión aberta para coñecer as inquedanzas artísticas de todas as persoas que respondan á convocatoria, así como para trasladarlles de primeira man o calendario de ensaios e as funcións que prevé realizar a compañía de teatro USC-Lugo. As persoas interesadas poden solicitar máis información ao respecto a través do whatsapp 623 006 130 ou no enderezo de correo electrónico cultura.lugo [at] usc.es (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]es).

The contents of this page were updated on 02.14.2022.