Skip to main content

Presentado o Plan Estratéxico de Turismo de Mañón

Esta proposta técnica pretende tamén difundir os recursos e servizos turísticos do Concello. FOTO: Concello de Mañón
Esta proposta técnica pretende tamén difundir os recursos e servizos turísticos do Concello. FOTO: Concello de Mañón
A USC toma parte nesta iniciativa que pretende poñer en valor os recursos e servizos turísticos desta localidade, mediante a accesibilidade, a sustentabilidade e a sinalización estratéxica
Santiago de Compostela

O profesor da USC Miguel Otero é un dos responsables do Plan Estratéxico de Turismo de Mañón que acaba de ser presentado nun acto no que tamén tomaron parte o reitor Antonio López; o alcalde, Alfredo Dovale; e o tenente de alcalde Francisco Calvín. O documento quere poñer en valor os recursos e servizos turísticos desta localidade, mediante a accesibilidade, a sustentabilidade e a sinalización estratéxica.

Esta proposta técnica pretende tamén difundir os recursos e servizos turísticos do Concello; así como mellorar a súa percepción como destino vencellado ao patrimonio e natureza, e especialmente sensible á accesibilidade, e a sustentabilidade dos recursos e servizos turísticos. Contribuír á diversificación e desestacionalización da oferta de Mañón como destino turístico, no que gozar dun rico patrimonio cultural e da natureza ao longo de todo o ano é outra das metas deste proxecto.

The contents of this page were updated on 02.14.2022.