Solucións biotecnolóxicas para os retos sanitarios e agroalimentarios

Do 2 ó 4 de marzo de 2022, a BIO Galicia Summit presenta as últimas tendencias en biotecnoloxía aplicada á saúde e á agroalimentación nunha sesión en liña e gratuíta. Trátase dun evento de carácter internacional que busca fomentar as relacións comerciais e o desenvolvemento de negocio, situando a BioIncubaTech e as súas empresas incubadas no marco do contexto biotecnolóxico internacional.
Ademais, a xornada servirá para presentar os resultados de BioIncubaTech, a incubadora de Alta Tecnoloxía para o fomento da innovación e transferencia de biotecnoloxía no ámbito da saúde e as tecnoloxías alimentarias, xestionada pola Universidade de Santiago de Compostela.