Skip to main content

Conversa

'Chatea cunha astrónoma'

02.17.2022 | 10.00h-22.00h

En liña

Josefina Ling é membro do Observatorio Astronómico Ramón M.ª Aller da USC
Josefina Ling é membro do Observatorio Astronómico Ramón M.ª Aller da USC

A profesora Josefina  F. Ling, membro do Observatorio Astronómico Ramón M.ª Aller da USC, formará parte un ano máis do equipo de 60 astrónomas españolas ou traballando en España que estarán dispoñibles para conversar en liña este xoves 17 de febreiro sobre a súa investigación, a súa experiencia como mulleres científicas, a carreira investigadora ou temas de astronomía xeral.

A quinta edición da iniciativa ‘Chatea cunha astrónoma’ desenvolverase de 10.00 a 22.00 horas e enmárcase dentro das actividades conmemorativas do Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, celebrado o pasado 11 de febreiro. Esta actividade está organizada pola Comisión Muller e Astronomía da Sociedade Española de Astronomía e pola plataforma PureChat.

The contents of this page were updated on 02.16.2022.