Skip to main content

Seminarios Internacionais

'As defensas da Monarquía'

02.25.2022 | 11.00h-13.00h

Santiago de Compostela
Aula 18

Con Rebeca Blanco Rotea e Carlos Caetano

Facultade de Xeografía e Historia. Foto: Santi Alvite
Facultade de Xeografía e Historia. Foto: Santi Alvite

O venres 25 de febreiro, de 11-13.30 horas, na aula 18 da Facultade de Xeografía e Historia, celebraranse dúas sesións do ciclo dos Seminarios Internacionais 'As defensas da Monarquía', coordinadas polos profesores Camilo Fernández Cortizo e Domingo L. González Lopo, GIHM (USC).

En primeiro lugar, ás 11.00 horas, intervirá a doutora Rebeca Blanco Rotea, Lab2PT,  Universidade do Minho (Portugal), que impartirá a conferencia titulada 'A fortificación da fronteira do río Miño na Idade Moderna. Entre a teoría, a arquitectura e a paisaxe'. Posteriormente, ás 12 horas, o doutor  Carlos Caetano, CEPESE & CHAM (Portugal), impartirá o relatorio 'As fortificações marítimas de Lisboa na Época da Restauração de 1640'.

Estas actividades, que tamén se poden seguir en directo por Microsoft TEAMS, están abertas á participación de toda a comunidade universitaria.

The contents of this page were updated on 02.22.2022.