02.25.2022 | 17.00h
O venres 25 de febreiro a USC conmemora o centenario de estudos en Química cun acto oficial na Aula Magna da facultade.

O reitor Antonio López presidirá este acto no que intervirán o presidente da Unión Internacional de Química Pura e Aplicada, Javier García Martínez; o presidente do Colexio Oficial de Químicos de Galicia, Manuel Rodríguez Méndez; e a decana da Facultade de Química, Pilar Bermejo Barrera.