Skip to main content

A Conferencia de Directores de Enxeñaría Civil aborda no campus de Lugo o futuro académico e a incidencia social da profesión

Cartaz da xornada de aportas abertas previa á Conferencia de Directores de Enxeñaría Civil
Cartaz da xornada de aportas abertas previa á Conferencia de Directores de Enxeñaría Civil
A presidenta de Adif e o responsable da área de Proxectos de Fomento ofrecen este venres dous relatorios na xornada de apertura do evento na EPS de Enxeñaría

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do campus de Lugo da USC acolle este venres e sábado unha reunión da Conferencia de Directores e Directoras de Facultades e Escolas de Enxeñaría Civil de España, un foro organizado polo centro universitario lugués en colaboración co Colexio de Enxeñeiros de Obras Públicas e Enxeñeiros Civís, no marco do que se debaterá sobre o presente e o futuro da formación universitaria no ámbito da enxeñaría civil, así como da incidencia deste colectivo profesional como elemento que vertebra e cohesiona a sociedade.

O programa desta xuntanza da Conferencia de Directores de Enxeñaría Civil, un órgano de intercambio de coñecemento e debate conformado por directores/as e responsables académicos de centros universitarios de España nos que se imparten títulos de grao en Enxeñaría Civil, comezará este venres 1 de xaneiro, a partir das 16.30 horas, no salón de actos da EPS de Enxeñaría de Lugo, cunha sesión inaugural na que intervirán a vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo e o director da EPS de Enxeñaría da USC, Montserrat Valcárcel e Tomás Cuesta respectivamente, ademais de responsables políticos locais, provinciais e autonómicas, entres o que se atopa a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; a xefa territorial de Política Social da Xunta en Lugo, Cristina Abades; o deputado provincial Álvaro Santos e o presidente do co Colexio de Enxeñeiros de Obras Públicas e Enxeñeiros Civís, Carlos Dueñas Abellán.

Unha vez rematado o acto inaugural, Fernando Pedrazo Majárrez, enxeñeiro xefe de Área de Planeamento, Proxectos e Obras do Ministerio de Fomento, que ofrecerá una charla titulada “As pontes singulares; grandes retos para a enxeñaría”. A continuación, a presidenta do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias ADIF do Ministerio de Fomento, Isabel Pardo de Vera Posada, disertará sobre as liñas estratéxicas na planificación de grandes infraestruturas ferroviarias.

Esta xornada arredor da enxeñaría civil, aberta á participación de todo o público interesado na temática, rematará arredor das 19.00 horas, coa celebrción dunha mesa de debate na que intervirán o presidente do Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas e Enxeñeiros Civís, Carlos Dueñas Abellán, así como o decano da zona colexial de Galicia, José Fernández Parajes. Nas súas intervencións, estes relatores abordarán cuestións relacionados co título de grao en Enxeñaría Civil, ao tempo que afondará sobre a situación actual da profesión.

Conferencia de directores

A reunión dos responsables académicos dos centros universitarios de España nos que se imparten títulos de Enxeñaría Civil desenvolveranse o sábado 2 de febreiro, a partir das 10.00 horas, nas dependencias da Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo. A conferencia de directores de Enxeñaría Civil, que se reúne por vez primeira en Lugo tras o encontro celebrado o pasado outono en Cáceres e na que tamén intervirán representantes do colexio profesional, permitirá abordar diversos temas de interese tanto estritamente académicos como relacionados coa profesión.

A mobilidade de estudantes de titulacións de grao en Enxeñaría Civil entre os distintos centros e universidades españolas, a adaptación dos actuais plans de estudo ás novas necesidades xa existentes na actualidade, os bacharelatos STEM, la difusión e promoción de la titulación de Enxeñaría Civil... serán algúns dos asuntos a tratar no marco desta conferencia de directores de Enxeñaría Civil, un evento promovido pola USC en colaboración co Citopic, Concello de Lugo, Deputación Provincial de Lugo e Caixa Rural Galega.

The contents of this page were updated on 01.31.2019.