02.25.2022 | 17.00h
Javier García Martínez ofrece a conferencia inaugural deste ciclo conmemorativo

O venres 25 de febreiro a Facultade de Química da USC inicia os actos que conmemoran o primeiro século de estudos en Química na USC. O profesor Javier García Martínez, presidente da Unión Internacional de Química Pura e Aplicada, será o encargado de pronuciar a conferencia inaugural, que levará por título 'Química máis alá da capa de valencia'.
O acto comezará ás 17.00 horas na Aula Magna da Facultade de Química.