Skip to main content

Ciclo de Conferencias '100 anos de estudos en Química'

Conferencia de Manuel Yáñez: 'A Táboa Periódica. Máis de 150 anos de sistematización e as sorpresas continúan'

06.15.2022 | 13.00h

Santiago de Compostela
Aula de Química Inorgánica

O catedrático de Química Física e profesor emérito da Universidade Autónoma de Madrid, participa no ciclo de conferencias que conmemoran o centenario dos estudos en Química da USC

Conferencia de Manuel Yáñez Montero con motivo do centenario de estudos en Química da USC
Conferencia de Manuel Yáñez Montero con motivo do centenario de estudos en Química da USC

Baixo o título  'A Táboa Periódica. Máis de 150 anos de sistematización e as sorpresas continúan', o seu relatorio terá lugar o mércores 15 de xuño ás 13.00 horas na Aula de Química Inorgánica.

A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

 

Manuel Yáñez Montero

Manuel Yáñez Montero é profesor emérito da Universidade Autónoma de Madrid e membro da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais. Doutor Honoris Causa pola Universidade do País Vasco, a súa traxectoria investigadora e docente fíxoo merecedor de numerosos premios, entre os que destacan o Premio a unha Carreira Distinguida da Real Sociedade Española de Química e o Eurolabel da European Chemistry Thematic Network. 

Yáñez Montero é, ademais, representante español no Comité Europeo de Integrative Computational Chemistry, vicepresidente da European Division of Computational Chemistry, coordinador do “European Master on Theoretical Chemistry and Computacional Modelling” e editor de Computational and Theoretical Chemistry. En 2011, organizou en Santiago de Compostela o WATOC-2011, o  congreso máis importante a nivel mundial en Química teórica e computacional 

The contents of this page were updated on 06.09.2022.