Skip to main content

Ciclo de Conferencias '100 anos de estudos en Química'

Conferencia de Ana García Campaña: 'Química Analítica e Seguridade Alimentaria: un binomio imprescindible'

09.14.2022 | 13.00h

Santiago de Compostela
Aula 2.14

A catedrática de Química Analítica da Universidade de Granada e presidenta da Sociedade Española de Cromatografía e Técnicas Afíns participa no ciclo de conferencias que conmemoran o centenario dos estudos en Química da USC

Ciclo de Conferencias '100 anos de Estudos de Química'
Ciclo de Conferencias '100 anos de Estudos de Química'

Baixo o título 'Química Analítica e Seguridade Alimentaria: un binomio imprescindible', o seu relatorio terá lugar o mércores 14 de setembro ás 13.00 horas na Aula 2.14 da Facultade.

A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Ana García Campaña

Catedrática de Química Analítica pola Universidade de Granada, Ana García Campaña é responsable do grupo de investigación  "Calidade en Química Analítica Alimentaria, Ambiental e Clínica" (FQM-302). Ten participado en contratos con empresas como Puleva Biotech S.A., Herba Rice Mills, Alhóndiga La Unión, DMC Research Center, S.L e DOMCA S.A. 

A súa traxectoria conta con numerosas colaboracións internacionais con grupos de diversas universidades, como a Universidade Charles (República Checa), Universidade de Gante (Bélxica), Universidade de Mendoza (Arxentina) ou a Universidade Aalen (Alemaña). Ten participado tamén en diferentes comités científicos e organizadores na escala internacional, como o comité organizador do Latin-American Symposium on Biotechnology, Biomedical, Biopharmaceutical and Industrial Applications of Capillary Electrophoresis and Microchip Technology (LACE 2004), ou o comité científico das Xornadas de Análise Instrumental e do XVI Latin-American Congress on Chromatography (2016), 26th International Symposium on Electroseparation and Liquid Phase- Separation Techniques (ITP 2019) e no 36th International Symposium on Microscale Separations and Bioanalysis (MSB 2020).

En 2020 e 2021, foi incluída no Ránking or the World Scientists entre 2% dos mellores científicos da contorna interancional. O seu índice H é de 45. 

 

The contents of this page were updated on 09.06.2022.