Skip to main content

8M na USC

Día Internacional das Mulleres

03.07.2022-03.09.2022

Actos do Día Internacional das Mulleres na USC. Foto: Rosalía Quiroga
Actos do Día Internacional das Mulleres na USC. Foto: Rosalía Quiroga

 

 

Acto institucional conmemorativo do Día Internacional das Mulleres. Luns, 7 de marzo ás 13.00 horas no Salón Nobre de Fonseca. Programa:

     - Lectura do manifesto da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero para a Excelencia Universitaria (RUIGEU)

     - Recoñecemento á Comisión de atención ás situacións de acoso sexual, acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero pola súa traxectoria en prol da igualdade de xénero na USC.

     - Conferencia: Igualdade e xénero humano . Carmen Blanco. Escritora e profesora da USC.

Presencial, a través da canle Youtube da USC e seguimento no salón de Actos da Facultade de Humanidades.


 Xornada: IV Xornadas de Psicoloxía e xénero . Luns, 7 marzo ás 14.30 horas na aula 7 - Módulo B da Facultade de Psicoloxía.


Concurso: Expresión artística do feminismo . Dirixido a: alumnado de Grao e Másters da Facultade de Psicoloxía. Inscrición: do 7 ao 14 de marzo en vicedecanato2.psicoloxia [at] usc.es (vicedecanato2[dot]psicoloxia[at]usc[dot]es)


Acto: Lectura do manifesto 8M-RUIGEU e fotografía conmemorativa. Organiza: Comisión de Xénero da Facultade de Psicoloxía. Martes, 8 de marzo ás 11.30 horas na entrada principal -Módulo A.


Acto: Lectura do manifesto 8M-RUIGEU . Organiza: Comisión de Igualdade de Xénero da Facultade de Ciencias. Martes, 8 de marzo ás 11.45 horas no Salón de Graos da Facultade.


Acto:  Lectura do manifesto 8M-RUIGEU . Organiza: Comisión de Igualdade da Facultade de Filoloxía. Martes,  8 de marzo ás 11.55 horas na entrada principal da Facultade. 


Acto:  Lectura   do manifesto 8M-RUIGEU . Organiza: Comisión de Xénero da Facultade de CC. Económicas e Empresariais. Martes, 8 de marzo ás  12.00 horas na entrada da Facultade. 


Acto: Lectura do manifesto 8M-RUIGEU . Organizan: Comisiones de Igualdade da Facultade de Relacións Laborais e da Facultade de Ciencias Políticas. Martes, 8 marzo ás 12.00 horas na entrada das Facultades.


Acto: Fotografía conmemorativa grupal. Organiza: Comisión de Igualdade da Facultade de Matemáticas. Martes, 8 de marzo ás 1 3.00 horas na Facultade.  


Acto: Lectura do manifesto 8M-RUIGEU e charla . Organiza: Comisión de Igualdade da ETSE. Martes, 8 de marzo ás 13.00 horas no Salón de Actos da ETSE.

     - Charla: Homes e mulleres no traballo a cargo de Laura Hospido Quintana, economista do Banco de España. Organiza: Comisión de Igualdade da ETSE. Martes, 8 de marzo ás 13.00 horas a través de MS Teams. Formulario de inscrición (antes do 6 de marzo).


Espazo: m 2=muller en potencia : incorporación de dúas fotografías dos graffitis do movemento Mujeres Creando (A Paz, Bolivia). Organiza: Biblioteca da Facultade de Ciencias da Comunicación. Martes, 8 de marzo na Biblioteca da Facultade.


Acto: Entrega de premios a TFG do VI Concurso Enxeñaría e Muller Rural; e conferencia. Organiza: Comisión de Igualdade de Xénero da EPSE. Martes, 8 de marzo ás 13.00 horas na Sala de Xuntas da EPSE.

     - Conferencia: O papel da Muller Enxeñeira na Cooperación Internacional a cargo de Raquel Zolle, enxeñeira de Montes e membro de Enxeñeiros sen Fronteiras.


Acto: A relevancia da documentación xudicial nos estudos de xénero: o caso das “espontáneas” . Organiza: Arquivo Histórico Universitario. Charla e visita de mostra. Participan: Désirée Mª Domínguez Pallas, directora do arquivo e Ángel Arcay Barral, investigador e actual arquiveiro do concello de Santiago. Martes, 8 de marzo ás 18.00 horas na sala de conferencias do arquivo. Confirmación previa de asistencia: arquivo.historico [at] usc.es (arquivo[dot]historico[at]usc[dot]es) ou 881 812 880.


Seminario web: Encontro de mulleres traballadoras do mar . Organiza: EqualSea Lab do CRETUS. Martes, 8 de marzo ás 16.00 horas. A través de Zoom, ligazón


Conferencia: A Primeira Enxeñeira de Montes de Galicia cargo de Isabel Fernández García, catedrática de Química Inorgánica. Clausura da exposición “ A Muller e a Nena na EnxeñarÍa e na Ciencia”. Organiza: Comisión de Igualdade de Xénero da EPSE. Mércores, 9 de marzo ás 12.30 horas no Salón de Actos da EPSE.


Conferencia: Mulleres e Química a cargo de Xoana Pintos Barral. Organiza: Comision de Xénero da Facultade de Química. Mércores, 9 de marzo ás 13.00 horas na Aula Magna da Facultade. 


Proxección e debate: " Buda explotó por vergüenza" de Hana Makhmalbaf (2007), ciclo de "Cinema Filosófico". Mércores, 9 de marzo ás 18.00 horas na Facultade de Filosofía.


Acto: Lectura do manifesto 8M-RUIGEU e colocación de cartel homenaxe ás vítimas de violencia de xénero dos últimos meses.  Organiza: Comisión de Igualdade de Xénero da Facultade de Filosofía e coordina Cruz Fernández, estudante de Mestrado de Filosofía. Xoves,  10 de marzo ás  14.00 horas na entrada da Facultade.


Conferencia:  As mulleres filósofas e súa importancia histórica na corrente filosófica analítica , a cargo de Xavier de Donato Rodríguez, profesor da USC. Ciclo de Conferencias Abertas. Xoves, 10 de marzo ás  19.30 horas na Facultade de Filosofía.


Conferencia: Non as esquezas: traballos das mulleres galegas , a cargo de Mari Carmen Casasnovas, vicepresidenta da Área de Mulleres da Federación de Veciños de Lugo. Organiza: Comisión de Xénero da Facultade de ADE. Venres, 11 de marzo ás 12.00 horas no Salón de Graos da Facultade.


Conferencia:  Feminismo, coñecemento e valor na cultura-rede , a cargo de Remedios Zafra, escritora e investigadora do Instituto de Filosofía-CSIC. VII Xornada Mulleres na ciencia. Organizan: Oficina de Igualdade de Xénero e Asociación AMIT-Gal. Xoves, 31 de marzo ás  16.00 horas a través de MS-Teams. Inscrición previa 


Exposición: Mulleres na Psicoloxía . Andar 1-Módulo A da Facultade de Psicoloxía.


Exposición: Porque elas foron, nós seremos . Organiza: Comisión de Xénero da Facultade de Relacións Laborais.


Exposición: Mulleres economistas . Novo póster: Karin Kock. Facultade de CC. Económicas e Empresariais.  


Convocatoria: III Edición dos premios Mª Carmen Guisán e Mª Xose Rodríguez Galdo aos mellores TFG ou TFM que inclúan a perpectiva de xénero. Organiza: Comisión de Xénero da Facultade de CC. Económicas e Empresariais. 

The contents of this page were updated on 03.09.2022.