03.09.2022 | 18.00h
Ao abeiro do Ciclo de Cinema Filosófico, organizado pola Facultade de Filosofía.

O mércores 9 de marzo de 2022 ás 18.00 horas, o Salón de Actos da Facultade de Filosofía acollerá unha nova sesión do Ciclo de Cinema Filosófico. Nesta ocasión, proxectarase o film Buda explotó por vergüenza [Buda as sharm foru rikht] (2007), da cineasta iraniana Hana Makhmalbaf (V.O.S.E.), película que á súa vez se vai a proxectar dentro dun ciclo de temática LGBTQ+ que organiza a Comisión LGBTQ+ da Asamblea de Filosofía USC.
A presentación correrá a cargo de Nour Al-Hussen Villa e Sara Ozores.
A entrada é de balde ata completar a capacidade da sala.