Skip to main content

BioAlmorzos Formativos sobre Transferencia e Relacións coa Empresa

'Pharmamar, un modelo único de desenvolvemento ao servizo do paciente'

03.09.2022 | 10.00h-11.00h

En liña

Con Carmen Eibe, directora do Departamento de Coordinación de Proxectos de Pharmamar

BioAlmorzos Formativos sobre Transferencia e Relacións coa Empresa
BioAlmorzos Formativos sobre Transferencia e Relacións coa Empresa

Bioincubatech, a  Incubadora de Alta Tecnoloxía para o Fomento da Innovación e a Transferencia de Biotecnoloxía no ámbito da saúde e das tecnoloxías alimentarias, organiza o mércores 9 de marzo unha nova sesión dos Bioalmorzos Formativos de Transferencia e Relación coas Empresas, un ciclo de encontros con relatoras/es de referencia en ámbitos do sector bio, a saúde e as tecnoloxías alimentarias que achegarán o seu coñecemento e perspectiva, e nos que,  previa inscrición, existe a posibilidade de manter unha reunión individual coa persoa convidada para trasladarlle calquera dúbida ou preocupación particular.

Baixo o título 'Pharmamar, un modelo de desenvolvemento único ao servizo do paciente' esta sesión en liña contará coa presenza de Carmen Eibe, directora do Departamento de Coordinación de Proxectos de Pharmamar.

Carmen Eibe ten máis de 20 anos de experiencia en Xestión de Proxectos, e en Relacións Institucionais con Gobernos e Institucións Públicas e Privadas, especialmente no ámbito da Investigación, Desenvolvemento e Innovación, e participou como experta na configuración do borrador inicial do texto da Lei de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación que foi aprobada definitivamente en maio de 2011.

En 2003 incorporouse ao Grupo PharmaMar -antigo Grupo Zeltia- onde xestiona numerosos proxectos de I+D+i nos que participa PharmaMar e as filiais do grupo. A través da súa experiencia, explicará como se relacionan coas empresas e o traspaso de na entidade Pharmamar.

The contents of this page were updated on 03.09.2022.