Conferencia organizada polo grupo Histagra e impartida por Enrique Barrera Beitia

O grupo de investigación Histagra programa o martes, día 15 de marzo ás 12.00 horas, unha nova conferencia do Ciclo de Pasados Incómodos. O profesor Enrique Barrera ofrecera a palestra 'O exilio español: desde Mauthausen ata o Sahara' na Aula 14 da Facultade de Xeografía e Historia.
A entrada é libre ata completar a capacidade da sala e o evento pódese seguir tamén en liña nesta ligazón.
Enrique Barrera Beitia (Zaragoza, 1955), foi profesor de Historia IES Ricardo Carballo Calero de Caranza en Ferrol, cidade onde vive desde 1980. É Secretario da Asociación Memoria Histórica Democrática de Ferrolterra. Autor de varios libros, La Transición en Ferrol, (2001); El juicio de los 23, (2005); Ferrol, 1931-1952, de la República a la posguerra, (2005); Muros de silencio, (2007); Retallos da Memoria I, (2009); Traballo e solidariedade na Peninsular Maderera e PYSBE, (2009); Retallos da Memoria II, (2009); Galegos en Mauthausen, (2012)