03.31.2022 | 16.00h
Chega á súa sétima edición

O relatorio 'Feminismo, coñecemento e valor na cultura-rede', a cargo de Remedios Zafra, escritora e investigadora do Instituto de Filosofía-CSIC, será o punto de partida das VII Xornadas Mulleres na Ciencia impulsadas dende a Oficina de Igualdade de Xénero e a Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas en Galicia (AMIT-Gal). A continuación, Joana Magalhães e Vanessa Valdiglesias presentarán o informe 'A Presenza Feminina na RAGC'. Prazo de inscrición ata o 30 de marzo.