Skip to main content

Conferencia

'Ao rescate de memorias en feminino'

03.18.2022 | 13.00h

En liña

Máster en Servizos Culturais

MAOS Innovación Social, cooperativa de traballo asociado sen fins lucrativos, ofrecerá unha conferencia sobre o seu proxecto 'A memoria das mulleres', co que contribúen ao coñecemento e difusión da historia das mulleres do concello de Pontevedra

Proxecto 'do gris ao violeta'
Proxecto 'do gris ao violeta'

MAOS Innovación Social é unha cooperativa de traballo asociado sen fins lucrativos creada en 2014. Desenvolve o seu labor no ámbito cultural, fundamentalmente nos campos da Etnografía, a Xestión Cultural e a Comunicación. Entre os múltiples proxectos que activaron destaca 'A memoria das mulleres', realizado para o Concello de Pontevedra.

Esta conferencia impártese no marco da materia 'Cultura escrita e oralidade: investigación, recuperación, xestión' do Máster en Servizos Culturais, promovida pola profesora Ana Cabana Iglesia, e tamén dentro do programa para a celebración do 8M da Facultade de Humanidades e poderase seguir en liña.

 

The contents of this page were updated on 03.15.2022.