03.25.2022 | 12.00h
Organizado polo grupo Histagra, o seminario contará cos relatores Josep Barceló Prats e Daniel Lanero Táboas

O próximo venres día 25 de marzo ás 12.00 horas, a Aula de Máster de Historia contemporánea da Facultade de Xeografía e Historia acollerá a conferencia dos profesores e investigadores Josep Barceló Prats e Daniel Lanero Táboas que leva por título: 'Do abandono á hospitalización. Evolución da atención sanitaria na España rural (1900-1975)'
A asistencia é libre ata completar a capacidade da sala e tamén poderá seguirse en liña a través de MS TEAMS.