Skip to main content

BioAlmorzos Formativos sobre Valorización e Protección do Coñecemento

'A propiedade intelectual como activo e recurso para o futuro'

03.29.2022 | 10.00h

En liña

Con Eva María Sánchez, consultora de patentes nas áreas de Biotecnoloxía, Química e Farmacia en Balder IP.

BioAlmorzos Formativos sobre Valorización e Protección do Coñecemento
BioAlmorzos Formativos sobre Valorización e Protección do Coñecemento

Bioincubatech, a  Incubadora de Alta Tecnoloxía para o Fomento da Innovación e a Transferencia de Biotecnoloxía no ámbito da saúde e das tecnoloxías alimentarias, inaugura o martes 29 de marzo un novo ciclo de BioAlmorzos, en aberto e gratuitos, centrados na Valorización e Protección do coñecemento. 

As sesións contarán coa experiencia de relatores de referencia no sector bio, salud e tecnoloxías alimentarias que aportarán os seus coñecementos e a  súa perspectiva, e nos que, previa inscrición, existe a posibilidade de manter unha reunión individual coa persoa convidada para trasladarlle calquera dúbida ou preocupación particular.

A consultora de Patentes nas áreas de Biotecnoloxía, Química e Farmacia en Balder IP, Eva  Mª Sánchez Galán, será a encargada de abrir o ciclo o día 29 de marzo ás 10.00 horas coa ponencia  “A propiedade intelectual como activo e recurso para o futuro”. No seu relatorio, explicará proceso e as diferentes fórmulas de protección que se aplican nas áreas de Biotecnoloxía, Química ye Farmacia en Balder IP.

 

Eva  Mª Sánchez Galán

Licenciada en Bioloxía, tras graduarse doutorouse en Bioquímica, Bioloxía Molecular e Biomedicina, e complementou a súa formación cun Máster en Dereito Europeo de Patentes (EPI-CEIPI, Universidade de Estrasburgo). Con máis de 12 anos de experiencia como Directora de Crecemento de Negocio e Innovación, desde 2008 conta cunha ampla experiencia profesional na elaboración de ditames/informes de patentabilidade, informes de infracción e Freedom To Operate (FTO), así como na elaboración e tramitación de solicitudes de patentes europeas, españolas e internacionais.

The contents of this page were updated on 03.25.2022.