Skip to main content

Andainas lingüísticas

Percorrido en inglés polo Monte Gaiás

04.19.2022 | 16.30h-18.30h

Santiago de Compostela
Saída dende a Colexiata do Sar

Organizadas polo Centro de Linguas Modernas da USC en colaboración co Servizo de Deportes e a Fundación USC, as andainas lingüíticas buscan ofrecer ás persoas participantes oportunidades para mellorar as súas competencias orais noutras linguas e afondar no coñecemento da nosa contorna mentres practican unha actividade saudable ao aire libre.

Andainas Lingüísticas. Foto: Santi Alvite
Andainas Lingüísticas. Foto: Santi Alvite

A primeira das andainas do mes de abril terá lugar o martes, día 19 ás 16.30 horas. A Colexiata do Sar servirá de punto de comezo e remate para un percorrido que transtitará polo río Sar, o Bosque de Galicia, a Cidade da Cultura, e o monte Gaiás e que permitirá ás persoas participantes afondar nos seus coñecementos na lingua inglesa. A duración estimada é de 2 horas.

Para tomar parte nela, cómpre cursar inscrición previa a través do formulario dispoñible na web do Servizo de Deportes. O prazo remata o 18 de abril. 

A tarifa de inscrición é de 4€ para a comunidade universitaria, 5€ para o alumnado egresado e 6€ para o resto de colectivos. Ademais, a comunidade universitaria pode facerse cun bono para 3 andainas polo importe de 11 €. 

The contents of this page were updated on 03.25.2022.