Skip to main content

Concerto

Adhara Duo. 'Momentos estelares: Farrenc, Schumann e De Larrocha'

04.05.2022 | 20.30h

Santiago de Compostela
Paraninfo

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Concerto do Adhara Duo. 'Momentos estelares: Farrenc, Schumann e De Larrocha'
Concerto do Adhara Duo. 'Momentos estelares: Farrenc, Schumann e De Larrocha'

A violinista Mariana Moita e a pianista Lara Martínez conforman o Adhara Duo, unha formación que toma prestado o seu nome dunha das estrelas máis luminosas da constelación Canis Majoris e que busca render homenaxe a compositoras brillantes que ficaron invisibilizadas ao longo dos séculos.  O martes 5 de abril, ás 20.30 horas, este dúo galego-portugués ofrece un concerto de balde no Paraninfo da Universidade.

Da mesma maneira que o escritor Stefan Zweig, no seu recoñecido libro Momentos estelares da humanidade, narra momentos que marcaron o rumbo da historia, algúns aparentemente instranscendentes e esquecidos, o Adhara Duo pon o foco sobre algunhas composicións que constitúen auténticas xoias musicais e merecen ser descubertas polo público. 

O programa que levan ao Paraninfo inclúe as Romanzas para violín e piano, op. 22, de Louise Dumont-Farrenc; a Sonata para violín e piano, de Clara Wiek-Schumann;  e a Sonata nº 2, op. 39, de Alicia de Larrocha. 

A asistencia ao concerto é libre ata completar a capacidade da sala.

The contents of this page were updated on 03.28.2022.