Skip to main content

V Seminario da Cátedra de Cronicidade para estudantes de Medicina e Enfermaría

Cronicón

04.04.2022 | 16.00h

Santiago de Compostela
En liña

Organizado pola Cátedra de Cronicidade da USC e dirixido ao estudantado de Medicina e Enfermaría

Facultade de Medicina da USC
Facultade de Medicina da USC

O luns 4 de abril, a Facultade de Medicina da USC acollerá  a quinta edición do Seminario da Cátedra de Cronicidade para estudantes de Medicina e Enfermaría: Cronicón. O evento, que cada ano conta tamén coa presencia de profesionais da xestión, a atención e a administración sanitarias comezará ás 16.00 horas no Aulario do centro. 

Se antes da pandemia as enfermidades crónicas xa representaban o 90 % da mortalidade en España e o 70 % do gasto sanitario, é fácil imaxinar que nos próximos anos a presión da cronicidade sobre o sistema de saúde será o principal reto clínico e de xestión. Que podemos facer para manexar esta situación será o tema do dialogo deste seminario cuxa clase maxistral correrá a cargo do profesor Rafael Bengoa, director de SÍ-HEALTH e asesor técnico da Cátedra.

O evento contará tamén coas intervencións de Antonio Pose e Montse Sánchez-Agustino, director e subdirectora da Cátedra de Cronicidade. 

A asistencia presencial está limitada ao estudantado de Medicina, pero o evento poderá seguirse en liña a través da web e da canle de YouTube da Cátedra de Cronicidade.

The contents of this page were updated on 03.30.2022.