Skip to main content

Alumnado da Mariña coñece a oferta académica e de servizos da USC nunha xornada celebrada en Viveiro

Alumnado preuniversitario da Mariña luguesa, nun dos obradoiros impartidos pola USC no Ies Vilar Ponte de Viveiro
Alumnado preuniversitario da Mariña luguesa, nun dos obradoiros impartidos pola USC no Ies Vilar Ponte de Viveiro
O vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga, ofreceu unha recepción aos 450 alumnos preuniversitarios presentes, que tamén tiveron a oportunidade de participar en charlas e obradoiros científicos impartidos por docentes e persoal do Campus de Lugo, así como polos coordinadores do programa ‘A Ponte’
Lugo, Santiago de Compostela

A USC achega a 450 estudantes preuniversitarios da Mariña luguesa a oferta de estudos, o abano de servizos e algunhas das liñas de investigación que se desenvolven nos seus campus de Lugo e Compostela no marco dunha xornada de achegamento celebrada este mércores nas instalacións do Ies Vilar Ponte de Viveiro, onde a mocidade presente tivo a ocasión de participar en diversas chalas informativas, así como en obradoiros científicos impartidos por docentes, investigadores e persoal de administración e servizos na sede universitaria luguesa.

O vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga López, e o coordinador do programa A Ponte, Celso Rodríguez, así como a coordinadora deste servizo universitario no Campus de Lugo, Mercedes Novo, foron algúns dos responsables da USC que tomen parte nesta xornada de achegamento ao estudantado de ensino secundario e Bacharelato. A xornada contará tamén coa participación dun nutrido grupo de docentes e investigadores do Campus de Lugo, que presentarán ao alumnado da Mariña luguesa as titulacións que imparte a USC no seu Campus de Lugo, ao tempo que desenvolverán diversos obradoiros científicos abertos á participación da mocidade.

Así, desde primeira hora da mañá, o alumnado inscrito no encontro programado no Ies Vilar Ponte de Viveiro, distribuído en grupos e organizado en diferentes quendas horarias, recibiu información sobre as ferramentas, servizos e actividades que pon á súa disposición o Servizo de Normalización Lingüística da USC, o Servizo de Participación e Integración Universitaria (SEPIU) ou mesmo desde o Servizo de Deportes da USC realizaron e o Servizo de Residencias Universitarias (SUR) da propia institución académica. Charlas informativas respecto da actividade formativa de grao na USC, ou das posibilidades mobilidade internacional das que pode gozar o alumnado universitario completaron a programación dunha xornada, á que tamén se sumaron diversos representantes políticos dos concellos da Mariña luguesa.

O encontro, que se desenvolveu en quenda de mañá, de 10.00 a 13.30 horas, permitiu tamén aos futuros universitarios visualizar os paneis da mostra ‘A USC Camiña’, ademais de tomar parte en charlas sobre a xestión cultural no século XXI, achegarse á Robótica e á conservación e introdución por medios bioquímicos de especies endémicas ameazadas, a través de diversos obradoiros. Outros dos talleres organizados tratarán sobre o cultivo de vexetais in vitro, a construción de pontes e outras obras de enxeñaría civil, a paisaxe ou diversos experimentos con luz.

The contents of this page were updated on 03.29.2022.