03.31.2022 | 18.00h
Un filme de Karim Ainouz

A Facultade de Filosofía da USC programa o xoves, 31 de marzo, unha nova proxección do Ciclo de Cinema Filosófico. Desta volta, o filme en proxección é Madame Satã, de Karim Ainouz, unha fita que tamén forma parte do ciclo de temática LGBTQ+ organizado pola Comisión LGBTQ+ da Asamblea de Filosofía USC.
A proxección arrancará ás 18.00 horas no Salón de Actos da Facultade, e a presentación correrá a cargo de Nico Elsker e Miguel López Golán
A asistencia é libre até completar a capacidade da sala.