Skip to main content

Relatorio sobre investigación cardiovascular no HULA, a cargo de Carlos González Juanatey

1/04/2022 - 12.00 horas

Casa do Saber

A sesión, que se inclúe no ciclo 'Destacando na Ciencia 2022', promovido polo IV Ciclo da USC, será este venres, a partir das 12.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo

Cartaz do ciclo 'Destacando na ciencia 2022'
Cartaz do ciclo 'Destacando na ciencia 2022'

Lugo, mércores 13 de outubro de 2021. O cardiólogo e xefe do Servizo de Cardioloxía do Hospital Universitario Lucus Agusti (HULA), Carlos González Juanatey ofrecerá este venres 1 de abril, a partir das 12.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, unha charla sobre a investigación cardiovascular que se desenvolve no complexo hospitalario lugués.

A intervención do doutor González Juanatey encádrase no ciclo ‘Destacando na ciencia 2022’, promovido desde o IV Ciclo da USC co obxecto de achegar o labor de I+D que se desenvolve na USC ao público sénior. Este programa de relatorios terá continuidade na capital luguesa a comezos de maio, cun relatorio sobre o exilio republicano e a transición á democracia, a cargo de Ramón Villares Paz.

 

The contents of this page were updated on 03.30.2022.