Skip to main content

Encontros Primavera Xove

Medioambiente e sostibilidade

04.20.2022 | 18.00h

Praza do Seminario de Estudos Galegos

Promovidos pola Xunta de Galicia coa colaboración das tres universidades galegas, estes encontros ofrecen ao estudantado do SUG oportunidades de formación e networking complementarias ao currículo académico.

Cartel do Primavera Xove
Cartel do Primavera Xove

O programa Primavera Xove busca xerar espazos para o desenvolvemento habilidades e capacidades necesarias desde o ámbito da educación non formal. 

Cada xornada enfocarase a un ámbito concreto da man de figuras de relevancia a través de actividades nos Campus da Coruña, Santiago, Vigo e Ourense ao longo de 5 mércores dos meses de abril e maio. As temáticas das accións serán as seguintes: Innovación e innovadores no mundo dixital, Medioambiente e sostibilidade, Educación emocional, Talento mozo e Cultura e creatividade. 

O obxectivo final é favorecer o debate e o networking sobre a temática tratada a través de obradoiros en grupos reducidos en espazos diferentes, distendidos, abertos e innovadores.

O mércores 20 de abril, ás 18 horas, terá lugar o segundo dos encontros na USC. Na sesión 'Medioambiente e sostibilidade', a praza do Seminario de Estudos Galegos acollerá un obradoiro de pintura medioambiental da man da plataforma We Sustainability e un faladoiro sobre consumo consciente a cargo da cooperativa Somos Terra.

Poderán asistir 25 persoas como máximo a cada sesión, seleccionadas por orde de inscrición. As persoas que non obteñan praza pasarán á lista de reserva. Poderase escoller participar nunha ou en varias das accións contempladas na programación.

The contents of this page were updated on 04.12.2022.