Skip to main content

Instituto da Lingua Galega

QGIS para Lingüistas

O 20, 21, 27 e 28 de abril

Sala de Conferencias

O proxecto de investigación 'Variación e cambio nos dominios galego e portugués no século XX' e o grupo de investigación Filoloxía e Lingüística Galega do ILG organizan o curso 'QGIS para lingüistas', dirixido a estudantes, persoas graduadas e investigadoras interesadas no manexo de programas de visualización cartográfica de datos lingüísticos.

Cartel do curso
Cartel do curso

O curso presencial, impartido polo profesor e investigador do ILG Xulio Sousa, desenvolverase os días 20, 21, 27 e 28 de abril de 16.00 a 19.00 horas na sala de conferencias do Instituto da Lingua Galega.

O programa de contidos inclúe o manexo básico de QGIS, o tratamento de táboas e creación de mapas temáticos (categorías e números ), a creación de mapas base e xeorreferenciación de datos, a creación dun proxecto de mapa temáticas, creación de mapas con diagramas e o uso de composicións. 

As persoas interesadas deben cubrir o formulario Curso QGIS ILG ata o día 19 de abril. A selección farase por orde de inscrición.

Pódense consultar o programa, os horarios e a información restante en https://ilg.usc.gal/gl/actividades/curso-qgis

O curso conta con financiamento FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Axencia Estatal de Investigación/Proxecto PGC2018-095077-B-C44

The contents of this page were updated on 04.19.2022.