Skip to main content

XX Encontro Universitario de Danza

22/04/2022 - 21.00 horas

O Vello Cárcere (Lugo)

A compañía do campus ourensán D-ou-tras presenta 'Maloserá' no Vello Cárcere de Lugo, o escenario no que as compañías Danza USC-Lugo e Danza-USC Compostela ofrecerán este venres novos pases das súas intervencións.

Cartaz do XX Encontro Universitario de Danza
Cartaz do XX Encontro Universitario de Danza

O Encontro Universitario de Danza da USC regresa ao Vello Cárcere de Lugo na súa vixésima edición coa presentación os días 21 e 22 de abril de catro intervencións artísticas interpretadas polos integrantes das compañías Danza USC-Compostela e Danza USC-Lugo, ligadas ao Espazo de Danza da USC, que coordina Juan Carlos Zahera, e das formacións SanTango e D-ou-tras, do Campus de Ourense da Universidade de Vigo.

A nova edición do Encontro Universitario de Danza, que recupera en 2022 a súa presenza no calendario da programación artística promovida ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, remata este venres, a partir das 21.00 horas, coa intervención da compañía do campus ourensán D-ou-tras, que presentará a obra ‘Maloserá’, con coreografía de Nuria Sotelo. De seguido, as compañías do Espazo de Danza da USC ofrecerán un novo pase das súas escenografías.

A entrada a todas as funcións programadas no marco do XX Encontro Universitario de Danza de Lugo é libre e de balde ata completar o aforo.

 

The contents of this page were updated on 04.22.2022.