Skip to main content

Exposición

Marginais uma vírgula. Os Malditos sem vírgula Pingentes!

Do 21 de abril ao 31 de maio de 2022

Coa curadoría de Carlos Quiroga e Nerea Rogido

Exposición 'Marginais uma vírgula. Os Malditos sem vírgula Pingentes!'
Exposición 'Marginais uma vírgula. Os Malditos sem vírgula Pingentes!'

A Facultade de Filoloxía da USC acollerá do 21 de abril ao 31 de maio a exposición Marginais uma vírgula. Os Malditos sem vírgula Pingentes!, inscrita na sección de exposicións temporais do Programa Contornos, de atención a ámbitos externos relacionados coa cultura e a sociedade.  

O escritor e artista brasileiro/galego Francisco Rogido Fins preséntanos 24 gravuras en técnicas de xilogravuras, entallas e augafortes que homenaxean un conxunto de escritoras e escritores brasileiros, portugueses e galegos que foron e aínda son, nunha gran medida, considerados 'marxinados' ou 'malditos'. 

Este proxecto expositivo foi posible grazas ao traballo e curadoría do profesor Carlos Quiroga, docente da Facultade de Filoloxía, e á curadoría visual da artista Nerea Rogido. 

A  inauguración da mostra, que poderá visitarse no primeiro andar da facultade terá lugar o xoves día 21 ás 13.00 horas e o acceso é libre sen necesidade de reserva.

The contents of this page were updated on 04.22.2022.