Skip to main content

Simposio 'Os sons da pedra'

Concerto de Begoña Olavide

04.30.2022 | 20.30h

Paraninfo
Santiago de Compostela

As persoas participantes no simposio 'Os sons da pedra. O ronsel do Mestre Mateo' terán acceso preferente ao concerto pero o acceso abrirase ao público ata completar as localidades dispoñibles.

Begoña Olavide participa no ciclo 'Os sons da pedra'
Begoña Olavide participa no ciclo 'Os sons da pedra'

O simposio Os sons da pedra. O ronsel do Mestre Mateo ten como fío condutor a reconstrución dos instrumentos que o Mestre Mateo esculpiu no Pórtico da Gloria e as derivacións de xéneros e xeográficas que nos deixou o seu ronsel. 

O sábado, día 30 de abril,  Begoña Olavide ofrecerá ao seu abeiro un recital ás 13.00 horas no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia da USC. A artista conta cun amplo percorrido musical, dende a música medieval ata a actualidade. Inspírase en Cantigas de Alfonso X, o Códice Calixtino, o Romanceiro Antigo español, e en kharxas e cancións da tradición de Al-Ándalus para pasar polo tempo a través de instrumentos que formaron parte da nosa cultura musical e que foron recuperados para volveren soar.

As persoas participantes no simposio terán acceso preferente ao concerto pero o acceso abrirase ao público ata completar as localidades dispoñibles. 

Os sons da pedra: simposio e exposición

simposio Os sons da pedra que, do 28 ao 30 de abril reunirá en Compostela a numerosos artesáns e luthieres que participaron no proxecto de reconstrución dos instrumentos do Pórtico desenvolvido a partir de 1989 baixo a dirección de José López Calo e Carlos Villanueva.  Co mecenado da Fundación Barrié, esta iniciativa de recuperación do patrimonio cultural permitiu a construción de 19 réplicas instrumentais que puideron escoitarse no Pórtico da Gloria. Posteriormente, a iniciativa estendeuse á reprodución de instrumentos do Pazo de Xelmírez de Lugo e da catedral de Ourense. 

Esta iniciativa compleméntanse cunha exposición  homónima que poderá visitarse do 29 de abril ao 28 de maio no Salón do Artesonado do Pazo de Fonseca. 

 

The contents of this page were updated on 04.21.2022.