Organizado pola Escola de Altos Estudos Musicais do Concello de Santiago en colaboración coa USC

O alumnado do Curso Avanzado de Especialización Orquestral da Escola de Altos Estudos Musicais ofrecerá o luns, día 25 de abril, un programa musical con obras de Johannes Brahms, Goachino Rossini, György Ligeti, Paul Hindemith e Jacques Ibert.
As composicións serán interpretadas por Natalia Almudena Hernantes (violín I), Pau Fogás (violín II), Álvaro Godoy (viola), Carmen Diego (violoncello), Cristina Pati (frauta), Ruth Santiago (óboe), Tonio Comesaña (clarinete), Marta Balsa (fagot) e Sergio Sánchez (trompa), coordinados polos profesores Ildiko Oltai e Emlio Espasandín.
O recital, organizado pola Escola de Altos Estudos Musicais do Concello de Santiago en colaboración coa USC, comezará ás 20.30 horas no Paraninfo da USC. A asistencia é libre ata completar a capacidade da sala.