(Casa dos Catedráticos. Avenida das Ciencias, 7)
Estes encontros fóra de aula teñen ofrecen a posibilidade de achegarse a outras lingua ao tempo a través da participación nunha actividade saudable que permite coñecer lugares de interese da contorna compostelá.

A primeira das andainas do mes de maio terá lugar o xoves, día 5 ás 16.30 horas. A sede do Centro de Linguas Modernas, nas Casas dos Catedráticos, servirá de punto de partida para un percorrido que transtitará pola carballeira de San Lourenzo, os vieiros do camiño de Santiago a Fisterra, o río Sarela e a Selva Negra, e que permitirá ás persoas participantes afondar nos seus coñecementos na lingua francesa . A duración estimada do paseo é de 2 horas.
Para tomar parte nel, cómpre cursar inscrición previa a través do formulario dispoñible na web do Servizo de Deportes. O prazo remata o 4 de maio.
A tarifa de inscrición é de 4€ para a comunidade universitaria, 5€ para o alumnado egresado e 6€ para o resto de colectivos. Ademais, a comunidade universitaria pode facerse cun bono para 3 andainas polo importe de 11 €.