Skip to main content

Acto institucional

Día do Traballo na Facultade de Relacións Laborais

04.29.2022 | 12.00h

Salón de Graos
Santiago de Compostela

O acto de conmemoración contará coa conferencia da directora xeral de Traballo do Ministerio de Traballo e Economía Social, Verónica Martínez Barbero

Salón de Graos da Facultade de Relacións Laborais
Salón de Graos da Facultade de Relacións Laborais

O venres 29 de abril, a Facultade de Relacións Laborais conmemora o Día do Traballo cun acto oficial no Salón de Graos do Centro. O reitor Antonio López será o encargado de presidir este evento que arrancará ás 12 horas e que contará tamén coa presenza da decana da Facultade, Silvia Moscoso Ruibal, e da directora xeral de Traballo do Ministerio de Traballo e Economía Social, Verónica Martínez Barbero, quen pronunciará a conferencia 'A reforma laboral: o diálogo e a negociación'. 

O acto incluirá tamén a entrega do premio 'Profesor Javier Marañón' ao alumnado, o premio 'Elisabeth Suárez' ao mellor expediente académico do curso 2020-2021 e o premio 'Profesor Joaquín Vidal Portabales' aos mellores Traballos de Fin de Grao dese mesmo curso. 

 

The contents of this page were updated on 04.26.2022.